logo

Canle Ético de Hidegal

O Colexio Profesional de Higienistas de Galicia (HIDEGAL) está comprometido co fortalecemento da cultura da información ou comunicación como mecanismo para previr e detectar ameazas ao interese público, en cumprimento da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal e da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informan sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción e da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de outubro de 2019 relativa á protección das persoas que informan sobre infraccións do Dereito da Unión.

En cumprimento deste compromiso, habilitouse o presente Canal Ético, que constitúe o sistema interno de información mediante o cal as persoas que se relacionan con HIDEGAL nun contexto laboral ou profesional poden comunicar calquera conduta irregular da que teñan coñecemento e que supoña:

  • Infracción do Código Ético do Colexio Profesional de Higienistas Dentais de Galicia ou do seu protocolo de prevención do acoso.
  • Feitos ou condutas con posible trascendencia penal;
  • Infraccións administrativas graves ou moi graves;
  • Accións ou omisións susceptibles de constituír infraccións do Dereito da Unión Europea ao abeiro da Lei 2/2023.

Fálase da exclusión do uso do Canal Ético para outras finalidades, como por exemplo materias relacionadas exclusivamente con asuntos laborais que non xeren incumprimentos legais (como conflitos interpersoais non constitutivos de acoso) ou reclamacións referidas á xestión ordinaria dos produtos subministrados polas empresas que actúan baixo a marca HIDEGAL, as cales deberán xestionarse polos canais establecidos para iso.

O Colexio Profesional de Higienistas Dentais de Galicia garante a máxima confidencialidade e anonimato nos procesos de investigación das informacións recibidas e o tratamento das mesmas con obxectividade, imparcialidade e transparencia. Así mesmo, o Colexio Profesional de Higienistas Dentais de Galicia prohíbe expresamente os actos constitutivos de represalia, incluídas as ameazas de represalia e as tentativas de represalia contra as persoas que presenten unha comunicación, conforme ao previsto na Lei 2/2023.

Por favor, teña presente que o uso do Canal Ético require a actuación de boa fe por parte dos usuarios. A información que vostede facilite a través do Canal Ético debe ser veraz e exclusivamente referida a unha acción ou omisión nos ámbitos sinalados. Polo tanto, á hora de encher os formularios debe ter en conta as seguintes regras:

  • As comunicacións deben ser formuladas de boa fe, con información veraz.
  • Non comparta datos persoais de terceiras persoas alleas aos feitos denunciados.
  • Non comparta datos persoais incluídos dentro das categorías especiais de datos (saúde, ideoloxía, afiliación sindical, relixión, orientación sexual, crenzas ou orixe racial ou étnica, etc., art. 9 LOPDGDD), agás que sexa imprescindible para fundamentar a denuncia.

O informante que, con mala fe, presente unha comunicación manifiestamente infundada ou malintencionada con ánimo de causar un prexuízo injustificado, poderá ser obxecto da adopción das medidas oportunas ou, se é o caso, da comunicación ás autoridades competentes para a incoación daqueles procedementos que poidan ter obxecto.

As comunicacións que se realicen por escrito a través do Canal poderán ser anónimas, se así o decide o informante, quen podería facer un seguemento da comunicación presentada mediante o número de seguimento que se lle facilitase. Non obstante, animámolo a se identificar ao realizar unha comunicación, dado que isto nos axudará no desenvolvemento dunha correcta investigación. A súa identidade e a información que forneza serán tratadas con absoluta confidencialidade. Ademais, pedímoslle que por favor nos proporcione tódolos detalles necesarios para permitirnos investigar o asunto.

Informámoslle de que as comunicacións tamén se poden realizar externamente a través dos canales externos de información ante as autoridades competentes e, se é o caso, ante as institucións, órganos ou organismos da Unión Europea. Estes canais poden ser:

  • Autoridade Independente de Protección do Informante (A.A.I.).
  • Ante as autoridades ou órganos autonómicos correspondentes.
  • Ministerio Fiscal.
  • Fiscalía Europea, no caso de que os feitos afecten os intereses financeiros da Unión Europea.
  • Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
  • Outros organismos competentes.

Por favor, teña en conta que este non é un servizo de emerxencia. Ante calquera perigo inminente, diríxase ás autoridades competentes.

Para máis información sobre os principios xerais do procedemento de xestión das informacións e sobre o uso do canal, pode acceder aos documentos “Política do Canal” e “Procedemento de xestión do Canal”.

Tamén pode consultar a continuación o Código Ético do Colexio Profesional de Higienistas Dentais de Galicia.

banner